DCA Ourense Renacer pecha o proxecto 2018 «Educación Social no Dano Cerebral Adquirido», subvencionado polo Concello de Ourense.

A asociación DCA Ourense finaliza as actividades do proxecto «Continuidade da Educación Social no Dano Cerebral Adquirido», subvencionado polo Concello de Ourense. Desenvolvéronse accións en tres eixos de actuación: 

  1. Apoio a socialización: Nel desenvolvéronse accións orientadas a normalización social da vida das persoas con DCA. 
  2. Apoio ao ámbito laboral: Neste eixo traballáronse as habilidades na utilización das novas tecnoloxías para manexar información. 
  3. Apoio para o acceso ao ocio e a cultura: Un total de 22 persoas puideron contar con apoio adaptado para participar con normalidade na axenda de actividades organizadas na axenda cultural do Concello de Ourense, e outras 42 persoas con DCA pudieron participar en actividades específicas deseñadas adaptadas ás súas necesidades por parte da entidade. 

Este proxecto foi desenvolvido no marco do programa de subvencións a asocaicións e entidades sen ánimo de lucro en materia de servizos sociais do Concello de Ourense

Deja una respuesta