A Deputación de Ourense concedeu á Asociación DCA Ourense unha subvención de 3.150 euros para financiar parte do proxecto “Atención Temperá Sociosanitaria na fase subaguda do DCA”, para este ano 2022.
O proxecto está centrado en dous eixos principais:
- Prestar rehabilitación ás familias con Dano Cerebral que teñen recibido recentemente a alta hospitalaria.
- Impulsar a articulación sociosanitaria na provincia.
Este proxecto vense desenvolvendo desde o ano 2018. Téñense beneficiado unha media de 75 familias cada ano. Ao facilitar o acceso a unha adecuada rehabilitación, lógranse minimizar as secuelas posteriores a unha lesión cerebral.