O Concello de Ourense apoia ao Colectivo de Persoas e Familias con Dano Cerebral Adquirido a traves das subvencións para proxectos de servizos sociais para o ano 2020.

O Concello de Ourense concedeu neste ano 2020 unha subvención por 12.453,99 euros para financiar o desenvolvemento do proxecto A Educación Social, a autonomía persoal e as actividades da vida diaria no Dano Cerebral ante a crise do COVID19 no caso de pacientes crónicos. A través deste proxecto a Asociación DCA Ourense establece os mecanismos adecuados para limitar a profundización na perda de capacidades para as actividades da vida diaria das persoas que xa vivían con Dano Cerebral Adquirido antes do confinamento, a través de tres vías:

    1. Mantendo actividades propias da Educación Social seguras e acordes ás medidas de prevención da COVID19
    2. Destinando tempo especificamente desde o Traballo Social para a orientación a familias
    3. Reforzando o servizo de Terapia Ocupacional para persoas con secuelas crónicas.

Deja una respuesta