A Asociación DCA Ourense foi beneficiaria dunha subvención de 42.853,71 € concedida polo Concello de Ourense no marco da convocatoria de subvencións a asociacións sen ánimo de lucro en materia de servizos sociais do ano 2023.
O proxecto financiado ten como obxectivo mellorar a calidade de vida das familias e das persoas que viven con Daño Cerebral no municipio de Ourense, a través da consolidación dun recurso específico de atención ao daño cerebral.
Con esta subvención finánciase parte do funcionamento do modelo de atención aplicado pola entidade, que conta cun programa de rehabilitación clínica (fisioterapia, terapia ocupacional, neuropsicoloxía e logopedia) e un programa social (traballo social e educación social).