Inauguración Exposición Punto e Seguido. A Vida Despois do Dano Cerebral.

A exposición ‘Punto e seguido. A vida despois do #danocerebral adquirido’, coa que Fegadace e as súas asociacións achegan, a través da fotografía, unha aproximación ao día a día desta #discapacidade, chega en agosto a Ourense.

O acto de inauguración vai ter lugar o venres 31 de agosto ás 19:30, na Sala de Exposicións de El Cercano (Rúa Cardenal Quevedo, 20, Ourense). Van intervir a presidenta de Dca Ourense Renacer, Dolores Quintas, e o alcalde da cidade, Jesús Vázquez Abad.

Ademais da exhibición das 30 fotografías que compoñen a mostra, da autoría de AIGI BOGA Photography, no acto vaise poder ver o vídeo campaña (elaborado por Edición Rusa) dedicado a Renacer, no que interveñen Samuel Quintas (usuario da asociación), Dolores Quintas (presidenta e familiar dunha persoa con DCA) e Jose Antonio Fernández

Deja una respuesta