O Concello de Ourense apoia un ano máis ao Colectivo de Persoas con Dano Cerebral subvencionando o Proxecto Integración e Apoio Social nas Familias con Dano Cerebral Adquirido.

O Concello de Ourense cofinancia cunha subvención de 16.986,38 € para o ano 2021 o desenvolvemento do proxecto Integración e Apoio Social nas Familias con Dano Cerebral Adquirido.

Con este proxecto a Asociación DCA Ourense –RENACER- establece os mecanismos para facilitar a incorporación social das familias beneficiarias. Está dirixido a mellorar a autonomía das persoas con dano cerebral a través de intervencións favorábeis ás súas habilidades sociais e pre-laborais e diríxese, tamén, a facilitar un apoio específico ao fortalecemento das redes sociais das familias e ao desafogo da carga emocional das persoas que asumen o rol de coidadoras informais.

O proxecto organízase nos seguintes tres eixos:

  1. Apoio á socialización e acceso ao ocio e á cultura.
  2. Apoio á mellora de habilidades pre-laborais.
  3. Orientación e fortalecemento das redes sociais das familias.

Deja una respuesta