A Deputación de Ourense apoia o esforzo que a Asociación DCA Ourense vén desenvolvendo nos últimos anos para poñer en funcionamento a súa nova sede. No novo local da entidade préstase un servizo de Atención Ambulatoria e Centro de Día Terapéutico.
A través dunha subvención nominativa, a Deputación de Ourense brinda apoio económico para que a entidade poida seguir desenvolvendo o seu proxecto a favor das persoas e familias con Daño Cerebral na provincia de Ourense.