O Concello de Ourense continúa apoiano o noso proxecto “Integración e apoio social nas familias con Dano Cerebral Adquirido” a través das subvencións en materia de servizos sociais. Trátase de convocatoria de subvencións do ano 2022, na que esta entidade –aínda que cumprindo os requisitos da convocatoria- no puidera recibir adxudicación algunha por falta de crédito. Deste volta, grazas a aprobación dunha nova partida extraordinaria de crédito, a entidade vese beneficiada cunha subvención de 20.917,88 € para cubrir parte deste proxecto.
Trátase dun apoio fundamental para a realización e o éxito das nosas actividades, que teñen como obxectivo mellorar a calidade de vida das persoas con dano cerebral e das súas familia. .
O proxecto ofrece unha ampla variedade de actividades e servizos orientados a atender as necesidades específicas das persoas con dano cerebral, promovendo a súa autonomía, inclusión social e benestar emocional. Dende obradoiros de teatro e actividades físicas, ata programas de respiro familiar e orientación para familias.
A través desta colaboración co Concello de Ourense, traballamos para fortalecer os servizos sociais e asegurar que as persoas con dano cerebral teñan acceso a recursos e apoios necesarios para vivir de forma plena e digna.